MELLORAS

As obras da rúa Carreira de Carballiño rematarán en xaneiro

Beirarrua_result
photo_camera Aspecto das obras que se están a desenvolver na rá Carreira

Segundo sinala o Concello, no transcurso do mes de decembro rematarán os traballos no tramo comprendido entre as rúas Aldara e Manuel Fernández Pousa

O obradoiro de emprego do Carballiño rematará a ampliación da beirarrúa na rúa Carreira en xaneiro. Segundo sinala o Concello, no transcurso do mes de decembro rematarán os traballos no tramo comprendido entre as rúas Aldara e Manuel Fernández Pousa e no mes de xaneiro, o resto.

Esta ampliación suporá incrementar o doble a anchura da beirarrúa, facilitando o paso de peóns, sillas de bebés e de rodas, que son moi frecuentes nesta zona, xa que é o lugar de acceso ao centro de saúde, ao instituto número 1 e á delegación de Facenda. O Concello matiza que este aumento da beirarrúa non dificultará as prazas de aparcamento, que poderán seguir usándose na marxe dereita da rúa, con excepción das tres primeiras prazas, debido ao estreitamento producido por unha vivenda vella que está fóra da línea de edificación.

Ao termo desta obra da rúa Carreira, os alumnos do obradoiro farán diversas reformas no recinto das piscinas municipais, onde está previsto cambiar as duchas exteriores e mellorar a zona de servizos.

Te puede interesar