O CARBALLIÑO

A oposición do Irixo laiase do estado das pistas locais

20180712220011337_result
photo_camera Unha das estradas do Irixo, con maleza nunha beira.

Os socialistas entenden que un ano máis se repite una falta de planificación na limpeza das estradas do Concello

O portavoz do grupo socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, requiriu por escrito ó alcalde en relación á falta de limpeza da maioría das estradas do municipio.

Os socialistas entenden que un ano máis se repite una falta de planificación na limpeza das estradas do Concello que a día de hoxe aínda ten moitos quilómetros de estrada sen limpar, impedindo a accesibilidade dos veciños e veciñas e así a seguridade de condutores, viandantes e animais ante a gran falta de visibilidade que incluso nalgún caso tapa as sinalizacións das estradas. Ademais, o grupo socialista considera "unha falta de planificación e traballo do grupo de goberno que non é capaz de artellar un plan de traballo para actuar de forma constante velando polo interese xeral do concello e os seus veciños e veciñas", dixo o voceiro da oposición.

Neste sentido, Iago Fariñas asegura que "non entendo como con un tractor desbrozadora propio, o apoio puntual do tractor da mancomunidade e incluso da Deputación provincial, ademais dos operarios municipais, non son quen de manter a limpeza das estradas e perímetros de seguridade dos pobos, antepoñendo a elo a limpeza de terreos privados".

Te puede interesar