política local

Penedo encabeza a lista do PP tras 32 anos de alcalde no Irixo

Ao remate deste mandato, Manuel Penedo cumprirá 32 anos ao fronte da alcaldía do Irixo contando sempre co apoio maioritario dos seus veciños

Manuel Penedo Paradela encabezará de novo a candidatura que o Partido Popular presentará polo Irixo ás eleccións municipais de maio. Ao remate deste mandato, Manuel Penedo cumprirá 32 anos ao fronte da alcaldía do Irixo contando sempre co apoio maioritario dos seus veciños. Un tempo no que o concello experimentou moitísimos cambios, destacou, "xa que á miña chegada á alcaldía só a capitalidade tiña alumeado público e saneamento, do que hoxe xa dispoñen todos os núcleos de poboación".

O candidato do Irixo, apuntou o presidente provincial Manuel Baltar, "é sinónimo de xestión, de cercanía, conciliador e dialogante, características que lle converteron no mellor alcalde que podía ter o concello".

Te puede interesar