NATURALEZA

Un plan no rural permite limpar máis de 50 fontes

<p></p>
photo_camera Fonte acondicionada na localidade de Cabanelas.

Unha brigada de catro traballadores que estaban desempregados son os encargados do acondicionamento dos mananciais nas 15 parroquias do rural do municipio

O departamento de Medio Rural do Concello do Carballiño está a levar a cabo dende hai tres meses un programa de acondicionamento de fontes públicas nas aldeas, ó traverso dun convenio de colaboración co Inem. Deste xeito, unha brigada de catro traballadores que estaban desempregados son os encargados do acondicionamento dos mananciais nas 15 parroquias do rural do municipio.

"Ata este intre levan limpado máis de medio cento de fontes, lavadoiros e tanques de regadío, que se atopaban cheas de maleza por falta de mantemento", indica Rosario González, concelleira de Medio Rural. Nalgúns casos, os operarios executaron a limpeza de ata cinco surxencias na mesma parroquia, coma foi o caso das localidades de Zafra, Souto e A Labrada, na Piteira.

De xeito parello, a brigada tamén se adicou a tarefas de desbroce das cunetas das pistas que comunican os pobos, así como das áreas recreativas e coincidindo coas diferentes festas patronais, rematando a súa laboura o pasado luns, 14 de agosto. 

Te puede interesar