CONCELLO

O pleno do Irixo aprobou as nove mocións dos socialistas

<p></p>
photo_camera A Corporación municipal do Irixo durante a sesión de pleno de onte.

Entre outras propostas aprobadas por unanimidade está a posta en valor das mámoas de Segade e do Castro de Orros

A Corporación do Irixo aprobou por unanimidade as nove mocións que defendeu o grupo do PSdeG, mentres que a proposta do goberno do PP relativa a que a lista máis votada nas eleccións sexa a que goberne, recibía a abstención dos socialistas ao mesmo tempo que a rexeitaba o concelleiro de Fai O Irixo, Florentino Peréz. Este edil reprochoulle ao grupo de goberno que era a primeira moción que presentaba ao pleno nos tres anos de mandato, e que tamén era a única que chegaba ao pleno do Irixo escrita en castelán.

A sesión desenvolveuse sen debate, porque o equipo de goberno, que preside Manuel Penedo, votou a favor todas as mocións dos socialistas. Deste xeito, aprobouse a posta en valor do patrimonio arqueolóxico, fundamentalmente das mámoas de Segade e tamén a excavación e sinalización do Castro de Orros. Ademais, a mellora da estrada de Santa María de Loureiro e accesos á cooperativa, e o acceso a Santa Baia de Reádigos.

O portavoz socialista, Iago Fariñas, demandou a participación cidadá na elaboración dos presupostos municipais e a transparencia e publicidade na contratación de persoal e ofertas de emprego.

Fariñas insistiu especialmente no mal estado no que están as fosas sépticas para as que pediu a súa limpeza e, ademais, unha correcta e completa recollida de residuos sólidos urbanos en todos os pobos e unha solución para os danos causados polo xabaril.

Te puede interesar