SUCESO

A Policía Local recupera unha máquina desbrozadora que fora substraída nas dependencias de Protección Civil

A máquina, valorada en preto de 500 euros, intentou ser vendida por unha persoa, presuntamente autora do roubo

A Policía Local do Carballiño recuperou unha máquina desbrozadora de man, que fora substraída nas dependencias de Protección Civil. A máquina, valorada en preto de 500 euros, intentou ser vendida por unha persoa, presuntamente autora do roubo. Alertada unha patrulla de servizo da Policía Local, personouse de inmediato na rúa Alberto Vilanova, onde se ía producir a venda, atopando un individuo que portaba unha desbrozadora aos ombreiros e sen que poidese abalar a súa propiedade, polo que foi trasladada ata as dependencias policiais. Ao final púdose comprobar que a maquina pertencía a Protección Civil, que aportou ademáis un CD co visionado das cámaras de vixilancia onde se pode ver a unha persoa allea a esta agrupación apropiándose da desbrozadota en cuestión. A policía Local trasladou a dilixencia ao xulgado.

Te puede interesar