O polígono acollerá a finais de ano unha ITV permanente

<p></p>
photo_camera Polígono industrial do Carballiño, no que se ubicará a futura Inspección Técnica de Vehículos.

Suporá un investimento dun millón de euros e chegará a inspeccionar 14.000 vehículos anuais

A empresa Supervisión y Control, concesionaria da ITV na Comunidade autonóma, instalará no polígono industrial do Carballiño unha nova estación fixa, que estará activa a finais de 2016. O investimento está proximo a un millón de euros, segundo foi informado onte o Consello da Xunta. A estación do Carballiño, que contará cunha nova liña de inspección, prevé atender inicialmente, no primeiro exercicio, arredor de 5.000 vehículos. Unha cifra que se ampliará progresivamente ata acadar as 14.000 inspeccións anuais no ano 2020.

Grazas á nova infraestrutura, os cidadáns verán reducidas as distancias que terán que percorrer para pasar as inspeccións técnicas dos seus automóbiles, así como os

tempos de espera. Ademais, a estación supón tamén unha oportunidade de impulso da economía local permitindo a creación de 4 postos de traballo.

Así, e tras a finalización dos traballos, Galicia disporá de 26 estacións fixas, 10 móbiles e 88 liñas de inspección, segundo confirman os responsables autonómicos, que facilitan e garanten que os coches que circulan polas estradas da Comunidade cumpran cos parámetros de seguridade e respecto ao ambiente, ao mesmo tempo que se impulsa a competitividade empresarial.

Neste contexto, o investimento previsto no Carballiño súmase aos máis de 8 millóns que destinou a Xunta para este fin no período 2010-2015.

Esta estación é un proxecto reivindicado desde fai anos tanto polos cidadáns como polas autoridades municipais, xa que ata agora, o servizo víñase prestando cunha unidade móbil e unha gran parte dos conductores desplazábanse ata Ourense ou Lalín para pasar as inspeccións dos seus vehículos.

As autoridades municipais confirmaron que xa está dispoñible unha parcela no polígono industrial da Uceira para a ubicación da nova estación.

A Xunta salienta, ademais, que as tarifas da ITV para este ano 2016 rexistran unha nova baixada de prezos para a revisión das distintas categorías. Trátase do terceiro exercicio consecutivo de descenso de prezos, cunha redución no conxunto dos tres anos de máis do 2%, o que fai máis accesible as inspeccións para un bo funcionamento do parque móbil.

Te puede interesar