política local

O PP reclama que se tomen medidas fronte á prealerta de seca

Os populares insisten en que pasaron 10 días e aínda non se executaron os acordos.

 O Partido Popular de Carballiño reitera a necesidade de que o grupo de goberno socialista adopte as medidas oportunas aprobadas por unanimidad no último pleno ante a prealerta de seca. Os populares insisten en que pasaron 10 días e aínda non se executaron os acordos.

Así, lembran que se decidiu a publicación dun bando facendo recomendacións do uso responsable da auga; tamén facer campañas de difusión nos medios de comunicación de ámbito local; e no caso de ser preciso, converter estas recomendacións en obrigación.

Ademais, acordouse trasladar ó Concello de Maside e á Confederación Hidrográfica a necesidade de realizar un proxecto de embalsamento de augas nas zonas de captación para garantir o consumo humano e prever posibles restricións de auga para garantir o subministro de uso doméstico.

“Desidia e desinterese"
"Non entendemos está desidia e desinterese por esta situación, e non entendemos que deixen pasar máis tempo da tempada de verán, e sobre todo sabendo que no mes de agosto temos un incremento da poboación importante no Carballiño e por ende un aumento no consumo da auga", advirten os populares.

Nese sentido, sinalan que "ademais nos últimos días fomos quen de poder comprobar como o grupo de goberno segue a baldear as rúas do pobo de xeito incontrolado e sen ningún tipo de preocupación pola prealerta de seca". Por iso, desde o Partido Popular "pomos en coñecemento da poboación a importancia de facer un consumo responsable da auga", sinalan. 

Te puede interesar