POLÍTICA

O PP rexeita que o grupo de emerxencias limpe o colexio

O responsable de seguridade recoñece que debido a falta de persoal esta brigada "está axudando como estivo todo o verán limpando rúas e alcantarillado"

O grupo municipal do PP no Carballiño critica a utilización da brigada de emerxencias para a limpeza do colexio público da Uceira, "deixando pechado o servizo propio de emerxencias para o cal estes traballadores foron pasados a indefinidos recentemente no Concello para estar a disposición de calquera incidencia que se puidese producir", sinala. Por ise motivo, considera que é "unha situación que se pode denominar como chapuza persoal do concelleirode persoal, ou ben unha utilización da seguridade dos veciños en beneficio da inseguridade que nos da a todos este concelleiro", referíndose a Adolfo Nogueira.

O responsable de seguridade recoñece que debido a falta de persoal esta brigada "está axudando como estivo todo o verán limpando rúas e alcantarillado". Engade, que o PP é o menos indicado para falar de seguridade, cando tivo a este grupo de emerxencias sen cobrar durante meses "e en precario", e pídelle que inste á Xunta a asumir a limpeza do seu edificio. 

Te puede interesar