OBRAS

O PP solicita consenso para planificar obras no Carballiño

Os populares lembran que o Concello carballiñés dispón na actualidade dun remanente de tesourería de 3.678.050,27 euros do ano 2016

O grupo municipal do Partido Popular do Carballiño vén de presentar unha proposta para o seu debate plenario, consistente en redactar e consensuar entre todas as formacións políticas da Corporación un plan de infraestruturas que se desenvolvería en varios anos. Este plan, según o voceiro do PP, Argimiro Marnotes, deberá estar acompañado dunha valoración económica estimada e con prazo de execución de cada unha das obras previstas, e, ao mesmo tempo, detallando a súa sostibilidade no tempo e a súa ordenación por prioridade.

Os populares lembran que o Concello carballiñés dispón na actualidade dun remanente de tesourería de 3.678.050,27 euros do ano 2016, que se pode aplicar dende o ano 2017 de xeito que as obras poderían inciarse neste ano e rematar no vindeiro, en aplicación da Lei de rango xeral sobre orzamentos dos municipios. Asemade, o PP solicita na súa moción que sexa a comisión informativa de obras a encargada de elaborar e acordar o programa de obras, que posteriormente sería aprobado polo pleno da Corporación tra-lo correspondente debate. 

Te puede interesar