educación

O PP de Carballiño solicita modificar os horarios nos colexios

A asociación de nais e pais acordou por maioría do 85% que a Xunta levase a cabo cambios no periodo lectivo

O grupo municipal do Partido Popular do Carballiño vén de presentar unha moción para o seu debate plenario, na que solicita que a Corporación inste á Consellería de Educación á adecuar os horarios do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo, segundo ó acordado democráticamente por nais e pais. Para os populares, o horario idóneo sería na franxa de entrada entre as 9,00 e as 9,30 horas, mentres a saída estableceríase  dende as 15,30 ás 16,00, co correspondente descanso ao mediodía, deixando o horario do venres para posibles axustes. 

O voceiro do PP, Argimiro Marnotes, lembra que no mes de abril do presente ano, as nais e pais do CEIP plurilingüe Calvo Sotelo, composto polas tres unidades de A Uceira, Calvo Sotelo e Balneario, decidiron en votación por un 85% de maioría, que por parte da Consellería de Educación se adecuasen os horarios de entrada e saída dos colexios, a fin de adaptalos ás necesidades de familias en canto a conciliación. Sobre todo, tendo en conta que, na actualidade, os horarios son de luns a xoves de 10,15 a 13,45 horas, e de 15,15 a 17,15 horas, mentres o periodo lectivo correspondente ós venres vai de 10,15 a 13,30 horas.

Te puede interesar