revista

Presentación dunha revista dedicada a Mario Bunge en O Carballiño

Tamén se proxectará un power point cos 40 colaboradores, entre eles, catedráticos de universadidades de Europa e América e da UNESCO. Seguirá a proxección dun video de Mario Bunge, en exclusiva para este acto.

O Instituto de Estudios Carballiñeses celebra mañá unha asemblea xeral ao mesmo tempo que presenta o número 32 da revista "Ágora do Orcellón", dedicada ao seu Socio de Honra, o filósofo e científico Mario Augusto Bunge. A presentación da obra sobre Bunge será aberta ao público na Casa da Cultura, estando confirmada a asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense, o secretario xeral de Política Lingüística e o alcalde do Carballiño. 

Participarán os colaboradores galegos, como os catedráticos da Universidade de Santiago: David Suárez Quintanilla, Luis Modesto García Soto, Marcelino Agís, José Luis Falguera e Miguel A. Martínez Quintanar, así como a escritora María Xosé Queizán. 

Tamén se proxectará un power point cos 40 colaboradores, entre eles, catedráticos de universadidades de Europa e América e da UNESCO. Seguirá a proxección dun video de Mario Bunge, en exclusiva para este acto.

Te puede interesar