O PSdeG critica a imaxe que 
deu o Concello en Barcelona

Aseguran as autoridades locales que hai dous grupos diferenciados "e as súas diferencias salpicaron ó Concello do Carballiño"

O PSdeG do Carballiño esixe responsabilidades ó alcalde, Argimiro Marnotes, e a concelleira de Turismo, Pilar Caride, porque considera que o grupo de goberno municipal do PP actuou con “torpeza e ineficacia” e que deixou ao Concello cunha imaxe “pésima” nos actos de presentación da Festa do Pulpo en Barcelona.

Os socialistas fanse eco das queixas manifestadas polo Centro Galego en Barcelona e a Federación de Entidades Galegas en Cataluña, que critican que o Concello non convocou a estes actos aos colectivos que agrupan á maioría de galegos en Cataluña, senón que se reuniu con asociacións culturais, como o Centro Galego Rosalía de Castro. Sinalan que “por culpa desta torpeza estes colectivos sentíronse ofendidos e anunciaron que non participarán na festa deste ano".

Responsables municipais declararon que as queixas do Centro Galego en Barcelona e da Federación de Entidades Galegas en Cataluña son consecuencia do enfrentamento que manteñen con outras asociacións. Aseguran as autoridades locales que hai dous grupos diferenciados "e as súas diferencias salpicaron ó Concello do Carballiño". Asimismo, afirman que ambos foron invitados ó acto de presentación. En canto as críticas do PSdeG, os responsables municipais declararon que a representación carballiñesa compartiu o pulpo cos empresarios máis influintes e con autoridades do Estado e Cataluña, ademais de miles de invitados nos distintos actos.

Te puede interesar