O PSdeG denunciará á empresa de axuda no fogar por coacción

photo_camera Iolanda Otero, Francisco Fumega e Manuel Dacal

O grupo socialista tamén denuncia ó alcalde a anulación da concesión por incumplimento coas traballadoras

O grupo municipal do PSdeG do Carballiño anunciou onte que vai denunciar á empresa concesionaria do servizo de axuda no fogar por coaccións a cargo público no exercicio das súas funcións. A denuncia ven motivada pola carta enviada dende a empresa a este grupo da oposición na que se lles insta a "non continuar coas reclamacións pola situación laboral na que se atopan as traballadoras dende que o servizo de axuda no fogar foi privatizado polo concello mediante concesión a Galaurea", sinalaron.

Ademais, os concelleiros socialistas esixen ó alcalde, Argimiro Marnotes, a anulación da concesión do servizo a esta empresa, "que non só incumpre as condicións acordadas coas traballadoras senón que tenta silenciar e amedrentar a quen protesta". Así o manifestaron os concelleiros Iolanda Otero e Manuel Dacal xunto co portavoz do grupo, Francisco Fumega. Segundo indicaron, na carta a empresa ameaza con denunciar á concelleira por revelación de datos e violación da intimidade dos usuarios, facendo referencia ao debate sobre esta cuestión no pleno do pasado 17 de xullo. Algo que negan os socialistas, que aseguran que en ningún momento houbo revelación de datos dos usuarios.

Te puede interesar