INFRAESTRUCTURAS

O PSdeG pide que se constrúa unha praza en Parada de Laviote

"Entendemos que podería e se debería intentar unha actuación de humanización deste espazo

O portavoz socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha moción para instar ao pleno a aprobar a construción dunha praza pública no Toural, en Parada de Labiote. Trátase dun espazo totalmente degradado que nos últimos anos se vén de converter nunha verdadeira escombreira, segundo apunta o edil.
Iago Fariñas lembra que a zona do Toural, na parte alta do pobo de Parada, apenas dispón de espazos de aparcamento e moito menos de esparcemento ó que se suma que é a zona onde se encontra ubicado o único bar de toda a contorna.

"Entendemos que podería e se debería intentar unha actuación de humanización deste espazo, acordada sempre cos veciños e negociando a compra ou cesión destas ruínas para destinalas a unha praza para desfrute de todos", sinala o concelleiro socialista. 

Te puede interesar