O PSOE do Irixo pide que a oficina bancaria abra toda a semana

Os socialistas do Irixo lamentan o anuncio por parte de Abanca que a partires do próximo 17 de marzo a oficina só abrirá os martes e xoves, permanecendo pechada o resto da semana. O portavoz, Iago Fariñas, insta ao Concello a que negocie cos responsables da entidade bancaria para que se manteña o servizo todos os días da semana. Ademais, solicita que o grupo de goberno inste á Deputación para que lle de prioridade a un acordo para que Abanca se comprometa a manter o servizo no rural.

Te puede interesar