O CARBALLIÑO

O PSOE reclama unha solución para legalizar a praia do Viñao

O pasado 29 de xullo de 2016 presentaron unha proposta para a legalización das obras e limpeza do río Viñao e para a construción dunha praia fluvial

O portavoz socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, reuniuse onte co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga Díaz, para abordar varios expedientes que afectan ó Concello. Valiña sinalou que son xa media ducia de mocións presentadas polo seu grupo relacionadas coa conca hidrográfica.

Así, o pasado 29 de xullo de 2016 presentaron unha proposta para a legalización das obras e limpeza do río Viñao e para a construción dunha praia fluvial. Recorda que "a malograda praia fluvial do Irixo, xa no ano 2000 tivo un gasto de 55 millóns das antigas pesetas, ós que se sumou outro proxecto no ano 2004 de case 30.000 euros para poder legalizar as obras realizadas".

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten incoado expediente sancionador contra o concello desde fai oito anos por ese motivo. A moción, apunta Valiña, que se aprobou pero "non se fixo nada".

Te puede interesar