Rechazo á suba do 20% das tasas do conservatorio do Carballiño

Os membros da plataforma que reivindica a conxelación das taxas do conservatorio e escola de música do Carballiño afirman que se sinten "decepcionados e violentados nos nosos dereitos ao vermos como a información supostamente pública, e solicitada por escrito e con entrada por rexistro dende xullo, ademáis de non se nos facilitar, é empregada no pleno de forma malintencionada e tratando de desacreditar as nosas reivindicacións", referíndose as manifestacións do alcalde sobre a subida do 20% anual.

Te puede interesar