A reforma do mercado da vila superou os 90.000 euros de inversión

A praza de abastos do Carballiño mellorou a súa imaxe tras a reforma levada a cabo nas últimas semanas.

Os cambios producíronse tanto no exterior como no interior. Así, os clientes do mercado da vila xa poden disfrutar das dúas áreas de estar e de xogos infantís creadas no interior da praza, e localizar os postos polas cores da nova cartelería colocada en cada espazo de venda. Unhas lonas instaladas nas fachadas e unhos carteis con indicativos dos diferentes sectores de alimentación, situados nas dúas portas de entrada, informan aos clientes dos servizos que ofrece a praza, que conta tamén cunha nova iluminación na parte central do mercado. 

Esta reforma, que se executou segundo un proxecto promovido pola Concellería de Promoción Económica, ascendeu a 90.000 euros. 

Te puede interesar