MEJORAS

Renovación das papeleiras do centro urbano carballiñés

Ao cambio de papeleiras hai que engadir, dentro do mesmo plan de limpeza dos espazos públicos

O concello do Carballiño procede estes días á renovación das papeleiras das rúas Rosalía de Castro e Tomás María Mosquera, das prazas aledañas como a Praza dos Liborianos, Emilia Pardo Bazán, Praza Irmáns Prieto e Praza Maior, así como todo o seu entorno, que conforma o centro urbano da vila. 

As novas papeleiras, que forman parte do programa de mellora da recollida de lixo e limpeza do Carballiño posto en marcha hai varios meses, son semellantes ás colocadas anteriormente noutras rúas e avenidas, con máis capacidade e mellor estética.

Nesta última fase do programa o investimento é de 8.000 euros. 

Ao cambio de papeleiras hai que engadir, dentro do mesmo plan de limpeza dos espazos públicos, a colocación de carteis advertindo aos donos das mascotas que están obrigados a recoller os excrementos dos animais nas rúas, prazas e tamén no Parque municipal.

A Policía Local continúa rexistrando as queixas dos veciños e vixiando aquelas zonas máis conflictivas co obxectivo de que se cumpra coa normativa que regula o comportamento coas mascotas nos sitios públicos. Con estas medidas, a Concellería de Medio Ambiente persigue manter as rúas e prazas en mellores condicións, concienciando aos cidadáns sobre a importancia da limpeza. 

Te puede interesar