ENTROIDO EN BOBORÁS

Os Rodos de Pazos atronaron de novo pola noite

<p></p>
photo_camera Esta parella preparada para a Noite dos Rodos.

Veciños, Concello de Boborás e historiadores traballan para recuperar unha cita do Entroido máis ancestral que se perdeu igual que os Felos de Feás

A aldea Pazos de Arenteiro, en Boborás, declarada Ben de Interese Cultural, recuperou a "Noite dos Rodos", un Entroido ancestral que se perdeu co paso do tempo e que agora os veciños, Concello e o Centro de Estudios Chamoso Lamas queren impulsar. A cita foi na Ponte da aldea, ás 21,30 horas, para facer o recorrido por toda a parroquia facendo o maior ruido posible. Para elo, os participantes utilizaron un rodo, apeiro tradicional de labranza, sen o pau e atado cun cordel, e un ferro para tocar.

Unha boa parte dos protagonistas acudiron disfrazados, elas de homes, e eles de mulleres, aínda que tamén houbo quen se presentou coa vestimenta habitual de traballo, porque os ancestros tocaban os rodos nestas datas cando remataban a faena no campo.

Foi a primeira experiencia en moitos anos co obxectivo de recuperar o Entroido tradicional de Boborás, con figuras como os Rodos de Pazos ou os Felos de Feás, para os que cara o ano próximo está en proxecto a elaboración de sombreiros e algunhas prendas que compoñen o traxe típico destes felos.

Na recuperación da tradición do Entroido traballa o Centro de Estudios Chamoso Lamas co fin de recrealo o máis fiel posible a cando se celebraba antigamente.

Te puede interesar