obras

A rúa Aquilino Sánchez sufriu un afundimento

A rúa acaba de ser asfaltada e xa ten danos na calzada.
photo_camera A rúa acaba de ser asfaltada e xa ten danos na calzada.

"Descoñecemos os motivos máis ao ser unha obra recente non é comprensible que apareza este dano", sinalan

Alternativa Veciñal de Carballiño solicita ao goberno municipal o arranxo do afundimento na rúa Aquilino Sánchez. Sinala que o asfaltado da calzada, á metade de dita rúa, onde se une co ramal camiño de Aquilino Sánchez, pódese apreciar un afundimento. "Descoñecemos os motivos máis ao ser unha obra recente non é comprensible que apareza este dano", matiza.

Por iso, insiste este grupo da oposición que antes de que se devolva a garantía definitiva presentada pola empresa licitadora se proceda a solicitarlle que se enmende o devandito defecto do vial.

Engade Alternativa Veciñal que se xa se formalizou a devolución da garantía, o concello deberá facer as oportunas xestións para que se arranxe e de ser o caso, se faga un estudo de deterioro na pavimentación desta rúa e das de futuras adxudicacións. 

"Entendemos que á finalización de calquera contrato, e en este caso nos contratos de obras, o concello ten que facer un seguimento e comprobar que estas cumpren co acordado", sinala.

Te puede interesar