O CARBALLIÑO

A Ruta das Tapas de O Carballiño ofrecerá mañá 21 pinchos diferentes

Entre os máis destacables serán as brochetas de pulpo, chipiróns e langostinos e a hamburguesa de cebola caramelizada e queixo de cabra

A hostalería carballiñesa ofrecerá mañá unha nova xornada da Ruta das Tapas na que se poderán degustar ata 21 variedades de pinchos. Isto débese a que o lema deste evento é “De tapa en tapa”, co que os clientes poderán elexir tantas opcións como locais hostaleiros participan nesta iniciativa.

Brocheta de pulpo, chipiróns e langostinos; fabas con chourizo e xamón; hamburguesa con cebola caramelizada e queixo de cabra; cazola de ovo ao forno; pulpo prensado con mouse de aceite e patacas, e zanquiños de polo con pataca e salsa de champiñóns son algúns dos pinchos que se poderán degustar. 

Te puede interesar