O CARBALLIÑO

Saen a subasta tres parcelas da área industrial de Fondo de Cea

Concretamente, trátase dos terreos denominados E, B4-2 e A5, con superficies respectivas de 6.505, 3.959 e 22.672 metros cadrados

Un total de tres parcelas delimitadas no parque empresarial de San Cristovo de Cea, ubicado nunha das marxes da estrada entre Ourense e Santiago, son obxecto de subasta para a súa ocupación.

Concretamente, trátase dos terreos denominados E, B4-2 e A5, con superficies respectivas de 6.505, 3.959 e 22.672 metros cadrados, e que son de titularidade municipal, cun prezo de saída fixado en 9,50 euros por metro cadrado.Por outra banda, esta área industrial situada na localidade de Fondo de Cea disporá en breve dun viveiro de empresas, ó abeiro das axudas da Consellería de Economía de Industria. Así, esta construción contará cunha financiación que supera os 220.000 euros, aportados por este departamento autonómico, e a edificación ocupará unha superficie útil de 500 metros cadrados.

Te puede interesar