TRÁFICO

A seguridade da rúa Ourense preocupa a veciños e oposición

<p></p>
photo_camera A rúa Ourense, en Carballiño.

n días pasados, os veciños presentaron un escrito no Concello queixándose do estacionamento de camións nesa rúa e tamén do exceso de velocidade coa que circulan algúns vehículos.

O grupo municipal Alternativa Veciñal do Carballiño presentou unha moción instando ao goberno socialista a buscar solucións aos problemas de seguridade vial na rúa Ourense. En días pasados, os veciños presentaron un escrito no Concello queixándose do estacionamento de camións nesa rúa e tamén do exceso de velocidade coa que circulan algúns vehículos. Agora, este grupo da oposición propón unha xuntanza á maior brevidade posible dos portavoces dos distintos partidos representados na corporación cos afectados para tratar as medidas oportunas de cara a mellorar a seguridade.

Nese senso, expón alternativas como bandas rugosas, elevación dos pasos de peóns, arranxo das beirarrúas ou mellora das sinalización. Ademais, considera necesario tratar a falta de aparcadoiro para os camións e cabezas tractoras. Os responsables municipais declararon que están á espera de negociar con dous propietarios de parcelas que están interesados en habilitar espazo para os camións. E en canto a velocidade, esperan unha resposta de Fomento para unha adecuada sinalización.n

Te puede interesar