SERVIZOS

O servizo de limpeza instalará 85 papeleiras nas rúas carballiñesas

As novas papeleiras teñen máis capacidade e son máis resistentes

O servizo municipal de limpeza, adscrito á Concellería de Medio Ambiente que dirixe Érika Paz, procede estes días á renovación dunha parte das papeleiras do casco urbano e na zona do Parque municipal. 

Nunha primeira fase vanse instalar 85 papeleiras, cambiándoas polas vellas e colocándoas noutros lugares nos que non había ata agora, pero que son necesarias para cubrir máis tramos de rúa. As novas papeleiras teñen máis capacidade e son máis resistentes. 

Te puede interesar