TEATRO

Teatro Amador reunirá aos mellores grupos galegos

odas as representacións serán ás 20,00 horas e o custo da entrada é de 3 euros

Antonio Rey, Teresa Cerdeira, Diego Fernández, José Prada e Lidya Almonte.
Antonio Rey, Teresa Cerdeira, Diego Fernández, José Prada e Lidya Almonte.
Teatro Amador reunirá aos mellores grupos galegos

 A X Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón ofrece entre os meses de outubro e novembro un total de oito representacións no Auditorio do Carballiño. Organizada polo grupo de teatro Tiruleque, comeza o próximo día 1 con "Deus, unha comedia", de Fauna 113, interpretada por estudantes da Escola de Arte Dramático.
As restantes montaxes tamén son comedias a cargo de Hipócrita Teatro, Trasluz Teatro, Achédego e O Aturuxo de Melpómene, as cinco seleccionadas por un xurado de expertos, ademais doutras tres de Delatoute Prod, ¡Abran Paso! e Max Teatro, que Tiruleque incorporou ao cartel deste ano pola súa calidade, cun gran esforzo económico, segundo sinalou José Prada.

Todas as representacións serán ás 20,00 horas e o custo da entrada é de 3 euros.

Prada agradeceu o apoio do Concello do Carballiño e da Deputación, que estiveron representados polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a diputada, Teresa Cerdeira, e acompañados por outros actores como Antonio Rey e Lidya Almonte.