fetega

O teatro galego pisa forte no Carballiño

O Carballiño. 22/08/2018. Fetega en O Carballiño. Espectáculo Totum Revolutum en el anfiteatro de A Veracruz.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera O Anfiteatro da praza da Veracruz acolleu a representación de teatro e acrobacia "Totum revolutum".

O Fetega está no ecuador de tres días de grandes representacións e actuacións no Carballiño

O Festival de Teatro Galego acaba de aterrar no Carballiño cunha gran cantidade de profesionais deste sector que representarán as súas obras íntegramente en galego. Esta edición, a 29ª, promete moitas novedades e unha gran representación feminina, unha iniciativa ca que se pretende poñer en valor a todas as profesionais deste sector que traballan tanto enriba coma detrás do esceario. 

A xornada de onte comezou da mellor forma posible. O Polbo Escapista saíu para recorrer as rúas do municipio pola mañá e tamén antes do comezo das actuacións da tarde, con música e animación de rúa. Un pulpo feito íntegramente con globos acompañado por un domador fixeron rir a pequenos e maiores. Pola tarde, o anfiteatro da praza da Veracruz foi o esceario da primeira representación teatral, "Totum revolutum", dirixida por Vueltos de rosca, que amosa unha mistura entre teatro e circo, con artes de acrobacia. Pola noite, o Auditorio Municipal acolleu á directora deste festival sobre as súas táboas, Josi Lage, xunto con Stephy Llaryora, ca súa obra "Loló e Mamá". 

Para a xornada de hoxe, o teatro seguirá enchendo estas rúas. A Compañía Pistacatro comezará ás 19,30 horas co seu espectáculo "A vida tola", no anfiteatro da Veracruz. Esta obra, con interacción co público, risas e tristura, conta a historia dunha nena, dun paxariño que pasa dunha xaula a estar liberado. Pola noite, ás 22,30 horas, será o turno da tan coñecida obra "Elisa e Marcela", unha historia que parece un conto: o amor de dúas mulleres que se coñecen en 1901, unha época na que non era doado mostrar certos comportamentos polos posibles castigos recibido. Para evitalos, Elisa transformase en Mario e casa con Marcela, o primeiro matrimonio lésbico do que hai constancia, toda uns transgresión para una sociedade coma a de ese momento da historia. Esta obra tamén é pioneira no mundo do teatro.

As entradas para acudir a estas representacións serán de balde no caso do anfiteatro da Veracruz, mentres que as do auditorio terán un custe de 10 euros e poderán adquirirse  a través da páxina oficial do Fetega, www.fetega.gal, ou en taquilla antes de cada función.

Te puede interesar