EMPREGO

As traballadoras da limpeza de colexios perden o seu emprego

Os responsables municipais recordan que a vinculación das traballadoras é coa empresa que era adxudicataria, e que están a espera dun informe xurídico. 

O grupo Alternativa Veciñal de Carballiño solicita ao goberno socialista que as cinco traballadoras que se quedaron sin traballo a raíz da municipalización da limpeza dos colexios sigan no seu posto interinamente mentras non se proceda a celebración do correspondente concurso para ocupar ditas prazas. Ademais, pide que se lle abonen os días do presente mes que non puideron desempeñar as súas funcións en contra da súa disposición e vontade.

Os responsables municipais recordan que a vinculación das traballadoras é coa empresa que era adxudicataria, e que están a espera dun informe xurídico. 

Te puede interesar