O CARBALLIÑO

A travesía do casco urbán de Cea disporá de nova beirarrúa

A estrada OU-187 ten unha lonxitude de 1.570 metros que discorre case en toda a súa lonxitude polo casco urbán de Cea, con beirarrúas en boa parte das dúas marxes

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do estado de conservación das beirarrúas existentes na estrada OU-187, que comunica Fondo de Cea coa OU-504, no treito correspondente á travesía do municipio de San Cristovo de Cea. Estes traballos, que teñen un prazo de execución de tres semanas e se van realizar a cargo do contrato de conservación, contan cun orzamento de case 30.000 euros.

A estrada OU-187 ten unha lonxitude de 1.570 metros que discorre case en toda a súa lonxitude polo casco urbán de Cea, con beirarrúas en boa parte das dúas marxes. A actuación consistirá na rehabilitación do muro de contención de pedra, duns 10 metros de lonxitude e 2,5 metros de altura, que se atopa na actualidade en mal estado e que serve para conter un treito de beirarrúa.

Te puede interesar