política

A Valedora insta ao Concello do Irixo a informar aos socialistas

O PSdeG dirixiuse a esta institución o pasado 28 de xullo porque, segundo manifesta o concelleiro Iago Fariñas, "o alcalde non lle dá acceso a expedientes desde fai oito meses".

A Valedora do Pobo admitiu a trámite a queixa do portavoz socialista do Irixo e require do Concello que remita a información solicitada por este grupo da oposición municipal nun prazo de 15 días. O PSdeG dirixiuse a esta institución o pasado 28 de xullo porque, segundo manifesta o concelleiro Iago Fariñas, "o alcalde non lle dá acceso a expedientes desde fai oito meses".

Refírese o portavoz ao expediente do plan provincial 2017 da rede viaria; tamén demanda información sobre o servizo de atención á infancia; e reclama ter acceso ao Modelo 347 da Declaración Anual correspondente ó exercicio 2016, coa relación de operacións con terceiras persoas. Iago Fariñas considera que o único motivo de non poder acceder aos referidos expedientes é o de "impedir o acceso de este concelleiro á información para que non poida facer un labor fiscalizador, e non poida ter coñecemento dos expedientes e informar á veciñanza".

Te puede interesar