URBANISMO

Os veciños cederán terreos para a reforma da rúa Saleta

Bernardo García engade que "non hai problema en convidar ao resto dos grupos da oposición a aportar ideas e participar neste e noutros temas aprobados en pleno"

O pasado martes celebrouse unha reunión cos veciños da rúa Saleta do Carballiño, na que o alcalde, Francisco Fumega e o concelleiro de En Marea, Bernardo García, informaron do proxecto de reforma de dita rúa, que está totalmente abandonada, "máis ben se trata dun camiño, sen continuidade de beirarúas, con fincas sen muros, e pendellos que invaden o que debería ser xa un vial moderno con canalizacións de auga actualizadas", segundo apunta Bernardo García.

Os asistentes mostraron maioritariamente a vontade de colaborar cedendo os terreos para facer unha rúa de 10 metros de ancho como marca o actual Plan Urbanístico. Bernardo García engade que "non hai problema en convidar ao resto dos grupos da oposición a aportar ideas e participar neste e noutros temas aprobados en pleno", en alusión ao BNG que protestou por non ser avisado. 

Te puede interesar