SERVIZOS

O venres colocarase a primeira pedra da estación fixa da ITV en Carballiño

uploaded_itv_result
photo_camera A estación instalarase na contorna do parque empresarial.

Coa nova infraestrutura, os cidadáns contarán con maiores facilidade para pasar as inspeccións técnicas dos seus automóbiles, e verán reducidos os tempos de espera

Nestes próximos días comezarán as obras de construción da nova estación fixa da ITV (Inspección Técnica de Vehículos) do Carballiño. Con tal motivo, o día 3 de marzo celebrarase un acto para colocar a primeira pedra desta instalación no parque empresarial, ao que asistirán o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, así como o presidente de Supervisión e Control, Amador de Castro, que xestiona as ITV de Galicia, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, entre outras autoridades e convidados.

A construción desta estación realizarase cun modelo moi novidoso, que acortará o tempo para a súa entrada en funcionamento e garantirá a calidade da instalación. Precisamente, a este acto acudirá o arquitecto que o deseñou e que será o segundo proxecto deste tipo que se instale –só a ten a ITV de Santiago de Compostela–. 

Esta ITV está en proxecto que inspeccione 4.000 vehículos durante o primeiro ano, e 14.000 no 2020. Ata agora, no Carballiño só prestaba servizo unha ITV móbil, que inspecionaba vehículos lixeiros durante varios días cada mes, e só unha vez ao ano aos vehículos agrícolas. Unha situación que cambiará en canto se remate esta nova estación.

Coa nova infraestrutura, os cidadáns contarán con maiores facilidade para pasar as inspeccións técnicas dos seus automóbiles, e verán reducidos os tempos de espera. Ademais, a estación supón unha oportunidade de impulso da economía local permitindo a creación de 4 postos de traballo. 

Te puede interesar