INFRAESTRUCTURAS

Vía libre ás obras de mellora na rúa carballiñesa Alberto Vilanova

Unhas obras que suporán Suporán un investimento global de 385.739 euros, que será financiado con fondos municipais

A rúa Alberto Vilanova será a primeira que se arranxe das 10 programadas.
A rúa Alberto Vilanova será a primeira que se arranxe das 10 programadas.
Vía libre ás obras de mellora na rúa carballiñesa Alberto Vilanova

En próximos días comezarán as obras de acondicionamento da rúa Alberto Vilanova, que se atopa en moi mal estado e é un acceso moi transitado polos usuarios do Centro de Saúde, Facenda, alumnos do IES Número 1 e residentes. Así o confirmaron os responsables municipais, que prevén continuar despois co arranxo doutras rúas: Cuba, Brasil, Uruguay, Venezuela e República Arxentina, Aller Ulloa, Tellado, tramo da estrada a Treboedo e Carreira. 

Estas obras están incluidas no acordo subscrito polo grupo do PP e o goberno socialista que chegaron a un acordo para aprobar o orzamento municipal do 2018. Suporán un investimento global de 385.739 euros, que será financiado con fondos municipais.

En Alberto Vilanova, Treboedo e Carreira, as obras de reforma consistirán na substitución e mellora da rede de abastecemento e asfaltado, mentres que nas restantes, ademais de esas intervencións, tamén se mellorarán as beirarrúas, segundo sinalan as autoridades municipais.