CULTURA

Visitas escolares para a mostra ‘Mirar ConTACTO'

A clausura da exposición estaba prevista para este venres, 20 de xaneiro, pero permanecerá aberta no Auditorio municipal ata a próxima semana.

A exposición Mirar ConTACTO, da Fundacion María José Jove e a Obra Social “A Caixa”, prolongarase varios días ante a afluencia de centros escolares e doutros colectivos sociais que teñen realizadas as reservas para visitar esta mostra e participar nos obradoiros que coordina o centro de discapacitados do Carballiño Aspadisi.

A clausura da exposición estaba prevista para este venres, 20 de xaneiro, pero permanecerá aberta no Auditorio municipal ata a próxima semana.

Nestes últimos días a afluencia está a ser masiva, segundo apunta o Concello do Carballiño. Onte tocoulle a quenda a 30 alumnos do colexio público de Covelo, que participaron en diversos obradoiros así como na experiencia de recorrer as obras da exposición a través do tacto, palpando os cadros e as esculturas. Outros alumnos deste mesmo centro visitarán a mostra o próximo venres.

Ademais, o próximo xoves está previsto que acudan escolares do colexio público de A Peroxa, e o luns o farán os alumnos do colexio Sagrado Corazón do Carballiño. 

Te puede interesar