RECOÑECEMENTO

O xeral Cebrián Carbonell, nomeado Cofrade de Honor

uploaded_borricaSS
photo_camera A nova imaxe de "A Borriquiña".

Neste mesmo acto relixioso será bendecida a nova imaxe “A Borriquiña”, que foi realizada no obradoiro do escultor sevillano Isorna por encargo da cofradía carballiñesa.

Ata trece mandos da Brilat “Galicia VII” de Pontevedra, asistirán este domingo á misa do mediodía no templo da Veracruz, acompañando ao xeral Cebrián Carbonell, que será nomeado Cofrade de Honor pola Cofradía da Veracruz. Neste mesmo acto relixioso será bendecida a nova imaxe “A Borriquiña”, que foi realizada no obradoiro do escultor sevillano Isorna por encargo da cofradía carballiñesa.

Trátase da figura de Xesús montado nunha burra, coñecida popularmente como “A Borriquiña”, que será unha das principais novidades para a procesión do Domingo de Ramos deste ano no Carballiño. É unha peza dunha gran expresividade plástica, tallada en madeira de cedro e pintada ao óleo, que permanecerá nunha das capelas laterais do templo.

O feito de que esta imaxe se bendiga este domingo  ven motivado polo ascenso e traslado fóra de Galicia do xefe da Brigada de Infantería Lixeira BRILAT “Galicia VII”. Cebrián Carbonell. A misa comezará ás 12,30 horas, cantada polo Orfeón do Carballiño. 

Te puede interesar