ACTIVIDADE

Xornada para facilitar o trámite do bono social eléctrico en Carballiño

Terá lugar no salón de actos do Concello a partir das 19 horas

O salón de actos do Concello do Carballiño acolle este martes, ás 19,00 horas, unha das xornadas incluídas na campaña informativa impulsada pola Xunta para facilitar aos consumidores máis vulnerables a tramitación do bono social eléctrico e da axuda complementaria impulsada pola Administración autonómica, que permite asumir o pagamento do 100% da factura, e que garante así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.

O bono social do Estado supón unha bonificación do 25% ou do 40% no recibo de luz. Galicia foi a primeira comunidade en ofrecer axudas complementarias, e así, a Xunta cobre o 50% do pagamento da factura eléctrica dos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social. Este complemento, cunha contía máxima anual de 300 ou 450 euros, permite que os beneficiarios poidan asumir o pagamento de ata o 100% da factura, xa que outro 10% asúmeo o sistema eléctrico.

Te puede interesar