O CARBALLIÑO

A Xunta adica 204.000 euros ó Plan de Emprego do Carballiño

Adolfo Nogueira, concelleiro de Promoción Económica, mostrou onte a súa satisfacción pola consecución desta axuda e quixo expresar o seu agradecemento ó director xeral de Orientación Laboral e Emprego, Alfonso Marnotes.

A consellería de Economía, Emprego e Industria vén de aprobar unha resolución pola que se concede ao concello do Carballiño unha subvención de 204.000 euros coa finalidade de poñer en marcha un novo Plan Integral de Emprego. Este plan, que será o segundo que leve a cabo o concello do Carballiño, admitirá un total de 85 participantes, que deberán ser persoas en desemprego e inscritas no Servicio Galego de Colocación e no INEM. De feito, a selección dos participantes será realizada por estes organismos. Con respecto ao plan anterior, dóblase o financiamento da Xunta, ao pasar de 104.000 euros a 204.000 euros, e tamén se incrementa significativamente o número de persoas participantes, pasando de 60 a 85. A duración do plan será dun ano, durante o cal as persoas seleccionadas recibirán formación teórica e práctica en diversos módulos, entre os que se atopan os de soldadura e atención socio-sanitaria.

O Plan Integral de Emprego “Carbaemprega”, que rematou en setembro pasado tras un ano da súa posta en marcha, superou as previsións iniciais de reinserción laboral ao completar a formación e incorporar ao mercado de traballo a 41 persoas, o que supuxo o 70% das persoas inscritas nese plan. O obxectivo marcado ao comezo era de 27 persoas.

Adolfo Nogueira, concelleiro de Promoción Económica, mostrou onte a súa satisfacción pola consecución desta axuda e quixo expresar o seu agradecemento ó director xeral de Orientación Laboral e Emprego, Alfonso Marnotes.

Te puede interesar