FESTA DO PULPO

A Xunta apoia a presentación da Festa do Pulpo en Nuremberg

Carmen Pita xa asistira o pasado ano á presentación da LIV Festa do Pulpo en Vilanova de Gaia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Camen Pita, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Miranda, compartirán co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, así como co resto da delegación municipal que o acompaña nesta viaxe, o acto de presentación da LV Festa do Pulpo no Centro Galego de Nuremberg (Alemania). 

Carmen Pita xa asistira o pasado ano á presentación da LIV Festa do Pulpo en Vilanova de Gaia (Portugal), polo que dende a Alcaldía do Carballiño agradécese o apoio que se está a recibir por parte da Xunta e da Dirección Xeral de Turismo de Galicia para lograr a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, que é o obxectivo que se persigue con estas presentacións en Alemaña e Portugal. 

Te puede interesar