O Carballiño

Xuntanza de 120 coches dos modelos Mercedes

Os participantes concentraránse na Praza da Veracruz para logo facer unha visita ó Museo Estanislao Reverter.

A décima Concentración nacional do Club España W123 de vehículos Mercedes, que se desenvolve hoxe no Carballiño rexitrou a inscripción de máis de 120 automóbiles, atraendo así a un total de 250 persoas entre pilotos e acompañantes. O evento está promovido polo concesionario Garza Automoción, co gallo do 40 aniversario da saída ó mercado deste modelo de Mercedes. O programa de actividades comeza ás 9 da mañá, na praza da Veracruz, onde se reunirán os vehículos, que dúas horas máis tarde partirán cara o Museo Estanislao Reverter, en Santa Cruz de Arrabaldo. A caravana regresará á vila do Arenteiro, onde percorrerá varias rúas antes do xantar de confraternidade e a entrega de agasallos ós participantes.

Te puede interesar