INCENDIOS

Activistas desenvolven este domingo novas actuacións de rexeneración de montes queimados en Melón

 As accións están destinadas a reter o solo fronte á erosión que poidan sufrir debido ás choivas dos próximos meses 

Activistas de Amigos da Terra desenvolverán este domingo novas actuacións de rexeneración de montes queimados no municipio de Melón, afectados os lumes forestais.

Con esta actividade, que se desenvolverá nos montes de Tourón, Amigos da Terra aspira , ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os "profundos cambios" na política forestal que consideran "imprescindibles" para reverter o problema incendiario.

Este tipo de actuacións, que empezaron o pasado domingo, conta cun continxente duns 30 participantes procedentes do catro provincias galegas, aínda que a maioría son de Ourense.

O pasado domingo levaron a cabo actuacións en sete hectáreas. As accións están destinadas a reter o solo fronte á erosión que poidan sufrir debido ás choivas dos próximos meses e consisten na dispersión de palla nas zonas que quedaron sen cobertura vexetal, xunto coa construción de barreiras a partir de restos vexetais en franxas perpendiculares á pendente nas zonas máis próximas aos ríos.

Te puede interesar