LUME FORESTAL

Extinguido o incendio forestal en Melón, o segundo que afecta á parroquia de Quins

As lapas afectaron a 16,6 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural informa daextinción do lume rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, quesegundo as últimas estimacións afectou 16,6 hectáreas de monte arborado.

Este incendio comezou ás 01,14 h. desta madrugada e quedou extinguido ás 18,41 h. Na súa extinción traballaron 6 axentes, 15 brigadas, 12 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero. Entreestes efectivos están dous Grupos de Emerxencias Supramunicipal (GES).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Te puede interesar