O RIBEIRO

Unha alumna de Castrelo gaña un certame de pintura

pintura ganadora Castrelo
photo_camera A pintura gañadora.

O certame comezou no ano 1996 e diríxese a nenos do primeiro ciclo de Primaria en poboacións de ámbito rural e provincias de interés agrícola

Britney María  Pintilii Pintilii, de 8 anos de idade, de 3º curso do C.E.I. P. Castrelo  do Miño, é a gañadora do primeiro premio da XXII edición do Certame Fertiberia de Pintura Rural Infantil. Foi seleccionada entre os 15.000 participantes, entre 6 e 10 anos de idade, de distintas poboacións rurais de toda España, recibindo o segundo e terceiro premio outros dous escolares de Paredes de Nava (Palencia) e Murillo de Froito (Navarra).

A organización sinala que "nas súas obras plasmaron o mundo rural con espontaneidade e forza nos seus trazos e cor, que é o que máis captou a atención do xurado". A dotación económica en premios do Certame de Pintura Rural Infantil, ascende a 15.000, con 6.000 para o gañador. Todos os nenos premiados recibirán bolsas de estudos.

O acto de entrega do premio está previsto para o próximo xoves, ás 12,30 horas, no centro educativo de Castrelo de Miño, onde asistirán representantes de Fertiberia, do concello, ademais de alumnos e profesores. O premio foi recibido con moita alegría por Britney María Pintilii, unha alumna a que lle gusta moito pintar. Tamén manifestaba a súa satisfacción a concelleira de Educación e Deportes, Maribel Rodríguez Pérez, que destacaba o excelente labor da profesora de artes plásticas, que inculca aos rapaces o interés pola pintura e outras artes como a música.

Este certame comezou no ano 1996 e está dirixido a nenos do primeiro ciclo de Primaria en poboacións de ámbito rural e provincias de interés agrícola. Os motivos das pinturas deben estar relacionados coa natureza, as plantas, o seu crecemento e a súa función como xeradoras de alimentos.

A empresa de fertilizantes Fertiberia mantén convenios con Unicef, a Fundación Amigos do Museo do Prado e o Museo Pedagóxico de Arte Infantil para promocionar a arte infantil no medio agrario e achegar a cultura a estas poboacións.n

Te puede interesar