educación

Os alumnos dos colexios de Ribadavia disporán de axudas para material escolar

Coma novidade, e coma un xeito de potenciar o consumo no comercio local, na xustificación da axuda tan só se aceptarán facturas de establecementos de Ribadavia

O Concello de Ribadavia, a través da Concellería de Benestar Social, convocou por quinto ano consecutivo e para o curso que agora comeza, as axudas para a adquisición de material escolar, co obxetivo de facilitar o acceso á educación dos nenos e nenas do municipio. Neste sentido, a responsable deste departamento, Noelia Rodríguez, salienta que “con esta axuda compensamos as desigualdades que existen por diferentes factores nas familias e tentar acadar así as mesmas oportunidades".

Coma novidade, e coma un xeito de potenciar o consumo no comercio local, na xustificación da axuda tan só se aceptarán facturas de establecementos de Ribadavia. O prazo de solicitudes estará aberto ata o 5 de outubro, e as familias deberán estar empadroadas no municipio e non superar os 2.017 euros de ingresos totais.

Te puede interesar