Unha andaina en Carballeda recauda fondos contra o cancro

OURENSE. 17.09.2014.  PRESENTACIO ANDAINA AECC. ANGEL BARBA, DORA GOMEZ, MARCOS MARTIN, MIGUEL FERNANDEZ. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Dora Gómez cos voluntarios (Foto: Miguel Ángel)

O Concello de Carballeda de Avia organiza unha andaina solidaria, que conxuga saúde, solidariedade, medio ambiente e turismo. A VII Andaina Carballeda de Avia "Camiñando contra o cancro" está prevista para o próximo domingo, ás 8,30 horas, con saída dende o campo de fútbol de “ O Lodairo”.
O programa contempla dúas rutas, unha longa de 25 kilometros de dificultade media, e unha ruta curta de 10 kilometros tamén de dificultade media.

O prazo de inscripción estará aberto ata o propio día da andaina e o prezo por participante será de 6 euros (3 euros será o donativo para axudar a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense).

No acto de presentación, asistiron Angel Barba, axente de desenvolvemento rural de Carballeda de Avia; Dora Gómez, presidenta da AECC Ourense e dous voluntarios do mesmo municipio.

Te puede interesar