FASTA DA ISTORIA

A apertura do mercado inicia a Festa da Istoria

RIBADAVIA (RÚA DO PROGRESO). 20/08/2018. OURENSE. Varias calles de Ribadavia ya se encuentran decoradas con motivos de la Festa da Istoria. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera A vila está preparada para comezar coa celebración medieval.

Ribadavia acolle diversas actividades na xornada de mañá

A vila de Ribadavia camiña paseniño ó longo desta semana cara a súa transformación, o sábado día 25, na urbe medieval máis senlleira de Galicia, coa volta ós séculos do seu esplendor, na 30ª edición da Festa da Istoria. 

Deste xeito, ademais das actividades de obradoiros e xogos que se desenvolven na actualidade na Alameda, a novena edición do certame de pintura rápida e a apertura do mercado artesanal, ás 11,00 horas, tamén na Alameda, serán o punto de arranque da xornada de mañá, venres día 24, previa á celebración central do evento. Á mesma hora, no Castelo dos Sarmiento, o Laboratorio de recreación histórica Viv'arte e a asociación Torques serán os encargados da instalación dun campamento medieval, no que haberá actividades de animación, teatro, oficios da época e música. 

Os visitantes poderán acceder de xeito totalmente gratuíto a este campamento, en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 18,00 a 23,00 horas.

Para as 12,00 está previsto un pasarrúas dos grupos de música Albaluna e Gaeloc Medieval, que percorrerán o Castelo, a Alameda e o casco histórico de Ribadavia coas súas melodías, mentres no campamento de mercenarios que se situará na Alameda haberá loitas campesiñas dende as 13,00 horas. Xa pola tarde, ás 19,30 horas, organízanse un torneo de esgrima no auditorio do Castelo e un espectáculo de circo polas rúas da localidade ribadaviense. Media hora máis tarde comezará o Concerto de música medieval na igrexa parroquial de Santo Domingo, coa participación do Coro da Istoria e o grupo Pres de Cambrai, con entrada libre.


COBERTURA MÓBIL


Por outra banda, ante a previsión de asistencia multitudinaria as actividades do venres e do sábado, a compañía Telefónica reforzará a cobertura das redes 3G e 4G, dando así resposta ó incremento da demanda de voz e datos, que no 2017 rexistrou un aumento do 100% en 3G, 237% en 4G  e un 110% en chamadas de voz.

Te puede interesar