JORNADA

Asociacións de mulleres analizan en Laias novas opcións para emprender

cenlle1_result
photo_camera Gabriel Alén, Amparo González e Isabel Garrido.

A Federación de mulleres rurais reuníu no balneario a 150 asociadas procedentes de toda a provincia

Máis de 150 mulleres pertencentes a asociacións de mulleres rurais de toda a provincia participaron durante o pasado fin de semana nunhas xornadas sobre desenvolvemento rural, que foron organizadas no balneario de Laias, do Concello de Cenlle, pola Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro). O encontro comezou xa na tarde do sábado, coa chegada das participantes e as primeiras actividades de interrelación programadas.

A parte forte do programa tiña lugar onte domingo, pola mañá.  Ás 11 horas desenvolvíase o acto oficial de inauguración, que estivo presidido polo alcalde de Cenlle, Gabriel Alén; a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González; e a presidenta de Femuro, Isabel Garrido Blanco.

Ás 11,30 horas tiña lugar unha mesa de experiencias denominada "Emprendendo no rural", na que interviñeron Analia Moares Lameiro, técnica da asociación ecoloxista "Amigos da Terra", quen expuxo as iniciativas e obxectivos que persiguen desde a súa asociación. De seguido interveu Silvia Pascual, xerenta da empresa Gastroterra, de ganadería do porco celta, que explicou as características desta explotación, que se atopa situada no concello de Castro  Caldelas. Ao séu término tería lugar o acto de clausura, presidido pola secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, e un xantar que poñía remate ao encontro.

A presidenta de Femuro, Isabel Garrido amosaba a súa satisfacción polo éxito alcanzado coa xornada, coa que se perseguía "incentivar o espíritu participativo e emprendedor das mulleres e visibilizar o papel da muller como motor do desenvolvemento rural".

Te puede interesar