FORMACIÓN

A aula Cemit de Leiro acolleu unha xornada sobre robótica

xornadas_de_rob_result
photo_camera Demostración con Prinbot.

Os participantes iniciáronse nas técnicas de deseño de programas de manexo de robots e para videoxogos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan nestes meses de verán unhas xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos, enmarcadas no programa "Tech Kids", destinado a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.Unha destas sesións levouse a cabo na aula de informática Cemit do municipio de Leiro, onde os rapaces asistentes tiveron a oportunidade de participar nunha xornada adicada ós "Retos de programación e robótica". Entre eles, a iniciación á programación con Escornabot, consistente en percorrer un circuíto con obstáculos levando dun punto a outro o robot.

Tamén recibiron nocións en Printbot, co deseño dun código que se executa no robot, que será capaz de seguir unha liña negra sobre un fondo branco. E, finalmente, os cativos tamén aprenderon a programar videoxogos co sistema Makey, creando un proxecto no que se simula o xogo de mesa de operación.

Te puede interesar