MUNICIPALES 2015

Avelino Pazos presidirá o PP de Castrelo de Miño

O presidente local deixou claro que o proxecto que se inicia "é un proxecto integrador e conciliador"

Avelino Pazos Pérez foi elixido presidente local dos poulares de Castrelo de Miño co 100% de apoio dos compromisarios participanets. O presidente local deixou claro que o proxecto que se inicia "é un proxecto integrador e conciliador", sinalando entre os obxectivos acadar unha colaboración efectiva coas administracións "para apoiar a creación de empresas e tratar de poñer freo a un dos problemas máis graves: a despoboación. Ademáis, recalcou a necesidad de aproveitar as potencialidades no ámbito deportibo e náutico e dos recursos termais, coa necesaria mellora dos accesos.

O presidente provincial, Manuel Baltar, apuntou que "as potencialidades de Castrelo e deben pasar pola cooperación e o traballo conxunto entre administracións para acadar unha mellora na calidade de vida dos veciños".

Te puede interesar