O BNG pide ó Concello que recupere a recollida de lixo

Os nacionalistas recordan que ambos grupos municipais aprobaron que "no suposto irreversible de privatización do servizo de recollida de lixo pola Deputación provincial, o Concello de Ribadavia, comprométese a estudar a recuperación das súas competencias no servizo

O grupo municipal do BNG de Ribadavia demanda do gobierno municipal socialista que cumpla o acordo plenario presentado en forma de moción conxunta dos grupos municipais de PSdeG e BNG en outubro de 2013 en relación o proceso iniciado pola Deputación provincial para a constitución dunha sociedade mercantil de capital mixto para a xestión indirecta do servizo intermunicipal delegado de recollida de residuos sólidos urbanos e servizos complementarios.

Os nacionalistas recordan que ambos grupos municipais aprobaron que "no suposto irreversible de privatización do servizo de recollida de lixo pola Deputación provincial, o Concello de Ribadavia, comprométese a estudar a recuperación das súas competencias no servizo, co obxecto de que siga sendo público, estudando a posiblidade de buscar alianzas cos concellos limítrofes”.

Te puede interesar